Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 27 de setembro

9.30 h
No Salón Nobre, recepción ao alumnado do máster de Deseño Arquitectónico da Universidade da Coruña en colaboración coa Pontificia Universidad Católica Madre y Maestra da República Dominicana.

10.30 h
Na cafetería do Auditorio de Galicia, almorzo informativo con motivo dos 100 días de goberno.

12.30 h
No Salón Nobre do Colexio de Fonseca, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa na XIV edición dos Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero na Docencia e na Investigación.

13.30 h
No Salón Nobre, recepción a 50 peregrinos e peregrinas da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia, FEAFES.

Compartir: