Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 26 de setembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mobilidade e Convivencia, Xan Duro, para presentar o ciclo de charlas didácticas sobre lecer nocturno organizado pola Policía Local. Na rolda tamén participará Martín Camba, axente da Policía Local.

12.00 h
Na Zona C, ROLDA DE PRENSA de presentación de Curtocircuíto 20 Aniversario. Asisten:
- Míriam Louzao, concelleira de Capital Cultural do Concello de Santiago de Compostela
- Natividad González, deputada de Cultura da Deputación da Coruña
- Pela del Álamo, director artístico de CURTOCIRCUÍTO
- Jacobo Sutil, director AGADIC
- Xaquín López, director-xerente do Auditorio de Galicia

19.00 h
Na sede da Asociación de Empresarios do Tambre, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, intervén no acto da estrea do documental "Santiago, capital do emprendemento".

20.30 h
No Teatro Principal, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste á homenaxe a Quico Cadaval "Trinta anos a contar historias. Notas a rodapé".

Compartir: