Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 25 de setembro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Sustentabilidade Ambiental e Servizos Básicos, Xesús Domínguez, con representantes de asociacións de hostalaría sobre recollida selectiva de residuos

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, para presentar a fase final da Copa Galicia feminina. Na rolda tamén estarán o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez; e Kiko Montero, representante do Rosalía.

17.00 h
Na Casa do Concello, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, recibe o presidente da Comisión de Desenvolvemento Rexional do Parlamento Europeo, Younous Omarjee

Compartir: