Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 22 de setembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, para presentar o proxecto COMMARKET SANTIAGO.

11.30 h
Na Casa do Concello, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, reúnese co director de Cáritas Diocesana de Santiago, José Anuncio Mouriño.

12.30 h
No salón nobre, recepción ao profesorado e alumnado de Arquitectura e Paisaxe da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña-ETSAC.

18.00 h
No Pazo de Fonseca, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste ao I Encontro Alumni USC ‘A universidade despois da universidade’.

20.00 h
No edificio Cersia, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, preside o Pacto Local pola Mobilidade.

Compartir: