Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 21 de setembro

10.00 h
No Salón Nobre, recepción ao alumnado do Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstolo de Bos Aires.

11.00 h
En Pontevedra (sala de prensa municipal, segundo andar, rúa Michelena, 30), a concelleira Pilar Lueiro asiste á ROLDA DE PRENSA de presentación dos Premios Youtubeiras 2023.

11.00 h
Na Casa do Concello, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, recibe a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón. Gráficos, ás 11 h e declaracións, a continuación.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro, para presentar a programación das bibliotecas da rede de centros socioculturais.

17.30 h
Na Alcaldía, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, reúnese con representantes do Ateneo.

18.45 h
No Hotel NH Collection, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste ao acto de entrega dos Premios Benfeito de Consumo, organizados pola Unión de Consumidores de Galicia.

20.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste á cea de benvida ás persoas participantes no evento ‘O futuro do traballo e o diálogo social’, no marco da presidencia española do Consello da Unión Europea.

Compartir: