Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 20 de setembro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros do grupo municipal socialista Gonzalo Muíños e Mercedes Rosón sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
No marco da Semana da Mobilidade, o concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, participa no roteiro en cadeira de rodas. Saída da praza de Galicia.

11.30 h
Na Biblioteca do Consello da Cultura Galega, ROLDA DE PRENSA da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e da presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, con motivo do Centenario do Seminario de Estudos Galegos.

19.30 h
Na sede de Afundación (rúa do Vilar, 19), charla sobre "Mobilidade descarbonizada en Santiago" a cargo de Pau Noy, presidente da Fundación Mobilidade Sostible e Segura de Barcelona, dentro da Semana da Mobilidade.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, espectáculo de apertura do Festival Maré desta edición 2023: unha actuación especial de Amancio Prada e a Real Filharmonía de Galicia, coa colaboración do coro Cantigas e Agarimos.

20.30 h
No Teatro Principal, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste á Gala 90 aniversario de Radio Galicia Cadena SER.

Compartir: