Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 19 de setembro

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA de presentación do XXVIII Festival internacional Galicreques 2023. Na rolda estarán:
Miriam Louzao, concelleira de Capital Cultural do Concello de Santiago
Jacobo Sutil Nesta, director da Agadic
Natividade González, deputada provincial da Deputación da Coruña
Jorge Rey, director de Galicreques.
O acto de presentación comezará ás 12.00 h na praza do Obradoiro, onde a compañía NAUTA e o grupo de percusión TRÓPICO DE GRELOS farán unha intervención artística de dez minutos. Acto seguido, pasaríase á Sala de prensa para a rolda. (En caso de choiva, suspenderase a actuación).

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Xuventude, María Rozas, para presentar o programa "Noites Alternas". Na rolda de prensa tamén participarán Chus Caramés e Sara Vietes, da Asociación Cultural e Xuvenil ITACA.

Compartir: