Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 15 de setembro

10.30 h
Na Casa das Asociacións (Antiga estación de Cornes, rúa de Manuel Beiras, 3), a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, preside o acto conmemorativo do 150 aniversario da primeira liña ferroviaria galega Cornes-Carril.

12.00 h
No Salón Nobre do Colexio de Fonseca, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste ao acto académico de apertura do curso 2023-2024 da USC.

16.30 h
No Salón Vermello, recepción ao embaixador da República Checa en España, Libor Sečka.

19.30 h
Na Casa das Asociacións, antiga estación de Cornes (rúa de Manuel Beiras, 3), a presidenta do Consorcio e alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste á presentación do libro ‘Historia del primer ferrocarril gallego. El tren de Rosalía’, de Tomás Cavanna Benet e coeditado polo Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora, co gallo do 150º aniversario da inauguración do ferrocarril Cornes-Carril.

19.30 h
No CSC Maruxa e Coralia, o concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro, visita a exposición "Traxes tradicionais de Galicia", organizada en colaboración coa Asociación do Traxe Galego.

Compartir: