Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 14 de setembro

10.00 h
Na Facultade de Filosofía, a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, participa na inauguración das Xornadas de debate "Empresas europeas en América Latina: retos e oportunidades para a sostibilidade social e ambiental", organizadas pola Plataforma por Empresas Responsables.

10.00 h
Na Praza de Abastos (aula-cociña), o concelleiro de Mercados, Xan Duro, participa na presentación da campaña "Na túa despensa, o mellor de Galicia".

11.45 h
No Salón Vermello, recepción á embaixadora de Croacia en España, Nives Malerica.

12.00 h
No Salón Vermello, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, reúnense con Proxecto Home.

13.15 h
No Salón Vermello, recepción ao embaixador de Italia en España, Giuseppe Buccino Grimaldi

19.45 h
Na Casa do Concello, recepción ás delegacións ministeriais que participan no Consello de Asuntos Económicos e Financeiros da Unión Europea (ECOFIN).
NOTA: SÓ GRÁFICOS. É preciso confirmar asistencia, así como nome e DNI do reporteiro/a gráfico/a que vaia cubrir o acto antes das 11.00 horas do xoves 14 no mail prensa@santiagodecompostela.gal.
IMPORTANTE: PRÉGASE PUNTUALIDADE. NON SE PODERÁ ACCEDER MÁIS TARDE DAS 19.45 H.

Compartir: