Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 13 de setembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, para presentar a Noite do Patrimonio. Na rolda tamén estarán Natividad González, deputada de Cultura da Deputación da Coruña, e Manuel Rial, de Trivium.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA de presentación da Semana Europea da Mobilidade. Interveñen:
_Xan Duro, concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais.
_Xosé Ramón Mosquera, xerente de Tussa
_Faustino Gómez, presidente de Composcleta
_Álvaro García, responsable da área de accesibilidade de Cogami

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, para presentar o I Torneo Cidade de Santiago de baloncesto en cadeira de rodas.

20.00 h
Na Casa do Concello, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, reúnese coas asociacións de veciños Conxo Aberto, A Xuntanza e Santa Marta.

Compartir: