Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 12 de setembro

11.00 h
Na sala circular do Auditorio de Galicia, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, mantén unha xuntanza coa Asociación de Ocio Nocturno. (SÓ GRÁFICOS. Enviarase nota e audio).

11.30 h
Na sala de prensa do Pazo de Raxoi, ROLDA DE PRENSA de presentación da sétima edición do WOS Festival x SON Estrella Galicia. Asisten: a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao; o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia, Jacobo Sutil; un representante de Estrella Galicia; e o director do WOS Festival x SON Estrella Galicia, Iván Arias.

18.30 h
Na Casa do Concello, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, reúnese coa Asociación Raigame.

Compartir: