Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 22 de agosto

11.00 h
No Mercado Galego de Creatividade (Creativas Galegas - Caldeirería 36), 7º Encontro Emprendedor sobre "as alternativas arredor da vivenda para un xubilar activo, participativo e autoxestionado" coa participación do concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, e de Nieves Rodríguez, da asociación Larlilás. O encontro está organizado polo Concello de Santiago no marco da Axenda Urbana 2030.

11.30 h
No Salón Nobre, visita institucional do novo delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco Lobeiras, que manterá unha reunión de traballo coa alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e asinará no Libro de Honra do Concello. SÓ GRÁFICOS.

12.00 h
Na Sala de Prensa do Pazo de Raxoi, ROLDA DE PRENSA da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e do delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco Lobeiras.

Compartir: