Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 31 de xullo

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Míriam Louzao, e da xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, para presentar o novo Código de Boas Prácticas dirixido ás persoas que visitan a cidade.

13.00 h
Día de Padrón en Santiago
Chegada da Corporación de Padrón.
Recibe nos soportais a Corporación de Santiago de Compostela.
Intercambio de pendóns.
13.05 h Recepción no salón nobre do Pazo de Raxoi
Intervencións:
- Anxo Rei, alcalde de Padrón.
- Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago de Compostela.
Saída ao balcón para escoitar ás Bandas de música, que interpretarán tres pezas cada unha.

23.30 h
Fogos fin de festa. Cidade da Cultura.

Compartir: