Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 28 de xullo

11.00 h
No Parlamento de Galicia, a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, asiste á sesión extraordinaria do pleno na que se debaterá a Proposición de Lei do Panteón de Galegas e Galegos Ilustres.

19.00 h
En Tarragona (Ajuntament de Tarragona, sala de "Tarragonins il·lustres" Plaça de la Font, 1), a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste á sesión constitutiva da Comisión executiva de alcaldes e alcaldesas das Cidades Patrimonio.

Compartir: