Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 25 de xullo

10.00 h
Na praza do Obradoiro, acto da Ofrenda ao Apóstolo Santiago.
Delegado rexio: Alfonso Rueda Valenzuela, presidente da Xunta de Galicia.
Chegada do delegado rexio á praza do Obradoiro.
Honras e pase de revista
Retirada de bandeira e da forza
Saúdo ás autoridades
Formación da comitiva oficial
Encontro no centro da praza do Obradoiro da comitiva eclesiástica e a civil. Saúdo do arcebispo ao delegado rexio.
Entrada na Catedral pola escalinata da praza Obradoiro.
10.30 h
Comezo da cerimonia relixiosa da Ofrenda ao Apóstolo Santiago.
12.00 h. (aprox.)
Finalizada a cerimonia relixiosa, a comitiva oficial regresa ao Pazo de Raxoi.
Na Alcaldía, sinatura no Libro de Honra do Concello.

13.15 h
No Teatro Principal, celebración do acto Alba de Compostela.
NOTA: emitirase en streaming a través da páxina web municipal.

Compartir: