Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 20 de xullo

11.30 h
Na Casa do Concello, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Festas, Pilar Lueiro, reciben as pregoeiras das Festas do Apóstolo.

12.30 h
Na Casa do Cabido (Praza de Praterías), a presidenta do Consorcio de Santiago, Goretti Sanmartín, acompañada de membros do Consello de Administración do Consorcio, visitan a exposición ‘Lorca en Compostela’, que acollerá os vindeiros meses a Casa do Cabido.

13.30 h
Na Sede do Consorcio (Rúa do Vilar, 59), o Consorcio de Santiago reúne o seu Consello de Administración e Comisión Executiva. Preside as xuntanzas a presidenta do Consorcio de Santiago e alcaldesa da cidade, Goretti Sanmartín. SÓ GRÁFICOS.

22.00 h
Pregón desde os balcóns do Pazo de Raxoi a cargo de Leilía. Prégase aos GRÁFICOS que estean no Concello ás 21.45 h.

FESTAS DO APÓSTOLO
http://www.santiagodecompostela.gal/medi/Baners/ProgramaApostolo23_web_plegos_v4.pdf

Compartir: