Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 14 de xullo

10.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Festas, Pilar Lueiro, para presentar o Día do Traxe Galego. Na rolda tamén estarán a presidenta da Asociación do Traxe Galego, Consuelo Vázquez; Fuencisla Cid, Directora de Comunicación e Relacións Institucionais de El Corte Inglés Galicia e Asturias; e Montse Rivera, integrante de Leilía e encargada da organización da II Feira do vestir 'de onte a hoxe'.

12.00 h
No CSC das Fontiñas, a concelleira de Promoción Económica, María Rozas, e o concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro, visitan o Laboratorio de Fabricación Dixital Móbil do programa "Faino Ti".

Compartir: