Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 13 de xullo

9.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
NOTA: sen streaming.
1. ASISTENCIA AO PLENO. Referencia: 2023/00030538K.
Ratificación da inclusión dos asuntos que continuación se relacionan na orde do día da sesión.
2. CIRCULACIÓN E SEGURIDADE CIDADÁ. Referencia: 2023/00029249C.
Aprobar o expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito e abono dunha indemnización substitutiva, pola liquidación dos gastos correspondentes ao servizo de transporte urbano de viaxeiros da liña urbana entre a Porta do Camiño e a Peregrina e Grixoa, do ano 2022, por importe de 263.090,76 €, a favor de Autos Carballo S.L.U.
3. CIRCULACIÓN E SEGURIDADE CIDADÁ. Referencia: 2023/00029280M.
Aprobar o expediente de recoñecemento de débeda e abono dunha indemnización substitutiva, pola liquidación dos gastos correspondentes ao servizo de transporte urbano de viaxeiros da liña urbana entre a rúa da Rosa e o Polígono do Tambre, do ano 2022, por importe 69.370,34 €, a favor de Autos Garabanxa S.L.
4. CIRCULACIÓN E SEGURIDADE CIDADÁ. Referencia: 2023/00029215D.
Aprobar o expediente de recoñecemento de débeda e abono dunha indemnización substitutiva pola liquidación dos gastos correspondentes ao servizo de transporte urbano de viaxeiros da liña entre Santiago e Villestro, do ano 2022, por importe de 99.464,78. €, a favor da empresa Hermanos Ferrín S.L.
5. CIRCULACIÓN E SEGURIDADE CIDADÁ. Referencia: 2023/00030395Q.
Aprobar o expediente de recoñecemento de débeda e abono dunha indemnización substitutiva, pola liquidación dos gastos correspondentes ao servizo de transporte urbano de viaxeiros da liña 6 entre San Roque e Aríns, do ano 2022, por importe de 46.661,45 €, a favor de Autocares Rias Baixas S.L.
6. CIRCULACIÓN E SEGURIDADE CIDADÁ. Referencia: 2023/00030363F.
Aprobar o expediente de recoñecemento de débeda e abono dunha indemnización substitutiva, pola liquidación dos gastos correspondentes ao servizo de transporte urbano colectivo de viaxeiros do ano 2022, por importe de 374.526,09 €, a favor de "Autobuses Urbanos de Lugo y Trap, S.A., UTE Lei 18/1982".

10.30 h
Na sede da Cociña Económica (rúa Travesa, 13), a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, visita a entidade e asina o convenio de colaboración.

19.00 h
Na Fundación Granell, a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, asiste á inauguración da exposición ‘Rúa Cervantes. A arte da colaxe de David Coulter’.

19.30 h
Na Real Sociedade Económica de Amigos do País (Praza Salvador Parga), o Consorcio de Santiago presenta o libro ’Socorrer enseñando. La Real Sociedad Económica y la literatura artística en Compostela’ coeditado coa USC e escrito por Miriam Elena Cortés López. Asiste a presidenta do Consorcio e alcaldesa da cidade, Goretti Sanmartín.

Compartir: