Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 20 de abril

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar a estrea de ‘O que non se ve’ de Et Suseia Danza que se celebrará o vindeiro 28 de abril no Teatro Principal. Na rolda participan tamén Gustavo Couto e Diego Landín, coreógrafos, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.20 h
En Afundacion (rúa do Vilar, 19), a concelleira de Economía, Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da administración Local, Marta Abal, imparte a ponencia "Prioridades TIC no Concello de Santiago de Compostela ante os Fondos Next Generation", no marco da xornada "Prioridades TIC nas AAPP de Galicia antes os fondos Next Generation", organizada pola Revista Sociedad de la Información Digital.

19.00 h
Na Fundación Granell (Praza do Toural), a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, participa na inauguración da exposición "Escenarios da paixón. Homenaxe a María Casares", dos artistas Alfonso Costa e Isabel Pintado.

Compartir: