Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 12 de abril

11.00 h
No ambigú do Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA de presentación da Gala dos premios Follas Novas do Libro Galego. Asisten:
• Mercedes Rosón, concelleira de Cultura
• Anxo Lorenzo, director xeral de Cultura
• Xurxo Couto, deputado de Cultura da Deputación da Coruña
• Diana Varela Puñal, secretaria xeral da AELG (Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega)
• Ramón Domínguez, presidente da FLG (Federación de Librarías de Galicia)
• Henrique Alvarellos, presidente da AGE (Asociación Galega de Editoras)

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantén unha xuntanza coas asociacións de comerciantes da cidade.

19.30 h
No CEIP Ramón Cabanillas, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación de veciños do Castiñeiriño.

Compartir: