Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 26 de xaneiro

10.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
1. Aprobación, se procede, da acta correspondente á sesión ordinaria do día 21 de decembro de 2022.
2. Toma de coñecemento da renuncia de don José Manuel Pichel Patiño ao cargo de concelleiro.
3. Proposición presentada polo grupo municipal de CA para aumentar as axudas para a rehabilitación de edificios coa instalación de ascensores e os ámbitos para a súa aplicación.
4. Proposición presentada polo grupo municipal de CA para impulsar un plan de formación en xestión e captación de financiamento para conquerir o fortalecemento do tecido cultural asociativo.
5. Proposición presentada polo grupo municipal de CA sobre o Plan especial director de ordenación e rehabilitación do Camiño Francés de Santiago (PE-3).
6. Proposición presentada polo grupo municipal do PP sobre medidas para o fomento dos vehículos eléctricos no termo municipal.
7. Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para consensuar coa veciñanza o Plan especial do Camiño Francés, crear unha oficina de rehabilitación e unha liña de axudas para actuacións nese ámbito.
8. Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para corrixir o desnivel da estrada na antiga N-634 no núcleo de Lavacolla.
9. Dar conta de resolución da alcaldía de data 18 de xaneiro de 2023, de delegación de funcións.
10. Dar conta de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e actas da Xunta de Goberno Local.
11. Solicitude de CA de comparecencia do alcalde.
12. Solicitude do PP de comparecencia do concelleiro responsable do contrato de alugueiro dun inmoble no parque empresarial da Sionlla.
13. Rogos, preguntas e interpelacións.
Interpelación:
1. Formulada polo PP en relación á Vía Verde.
2. Formulada polo BNG sobre a crise do goberno local.
3. Formulada por CA sobre a contratación dun local.
Rogos:
1. Formulado polo BNG para arranxar o ascensor e os aseos públicos da Praza de Abastos.
2. Formulado polo BNG para dotar dunha zona de aparcamento temporal en Rodrigo de Padrón para a veciñanza da zona histórica.
3. Formulado polo PP para executar melloras no Polígono do Tambre.
4. Formulado polo PP para a instalación dun valo protector na área de xogos infantís do parque de Vista Alegre.
5. Formulado polo PP para estudar a posibilidade de habilitar prazas de aparcamento expres nas proximidades das oficinas de farmacia.
6. Formulado polo BNG para reordenar o tráfico e impulsar zonas de aparcadoiro no CEIP Apóstolo Santiago.
7. Formulado por CA para que se dote de abastecemento de auga ao lugar da Veiga en Santa Lucía.
Preguntas resposta oral:
1. Formulada por CA sobre a publicación do informe da cultura municipal.
2. Formulada polo PP sobre devolucións de cantidades indebidamente cobradas por non aplicar bonificacións.
3. Formulada polo PP sobre a situación do proxecto para a mellora da mobilidade e accesibilidade entre as Fontiñas e Sar e novo viario entre a rúa do Sandino e cidade da cultura.
4. Formulada polo PP sobre os motivos da paralización das obras de rehabilitación do Palacete do Espiño.
5. Formulada polo BNG sobre o mantemento das instalacións de skate no Parque Trasparlamento e a demora das novas pistas en Conxo-Sta. Marta.
6. Formulada polo BNG sobre publicación de axudas para profesionais e asociacións culturais, clubes deportivos e organizacións non gubernamentais neste 2023.
7. Formulada por CA sobre verquidos que se producen en Mourentán.
8. Formulada por CA sobre o funcionamento da Policía de barrio.
Preguntas resposta escrita:
1. Formulada por CA sobre o control da calidade do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria.
2. Formulada polo PP en relación as datas nas que estiveron en funcionamento os radares de Conxo e Restollal.
3. Formulada polo BNG sobre o arranxo do camiño de Requesende.
4. Formulada polo BNG sobre actividade empresarial no núcleo de Formarís.
14. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos políticos municipais:
1. Presentada polo PP para transparentar a xestión da "liña verde".
2. Presentada por CA para a creación dunha oficina municipal da enerxía, que promocione as comunidades enerxéticas locais e otras medidas de índole enerxético en Santiago.
3. Presentada por CA para impulsar unha nova convocatoria das residencias escénicas municipais.
4. Presentada polo BNG para apoiar a manifestación do 12 de febreiro en defensa da sanidade pública e as demandas da iniciativa lexislativa popular da Plataforma SOS sanidade pública.
5. Presentada polo BNG para reorganizar o servizo de axuda no fogar e garantir os dereitos laborais das traballadoras.
6. Presentada polos grupos municipais do BNG, de CA e PSdeG-PSOE para adoptar medidas de apoio para familias acolledoras de cara á protección da infancia.
7. Presentada polo PP para o estudo, deseño e execución dunha nova rotonda da rúa do Hórreo.
8. Presentada polo PP para instar á Deputación a rematar coa maior celeridade a 1ª fase da estrada DP7802 Roxos-Reborido e a redactar o proxecto da 2ª fase.
9. Presentada por CA sobre a reclamación do cumprimento das demandas e o acordo de condicións sociolaborais das traballadoras do SAF.

Compartir: