Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 25 de xaneiro

10.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA de presentación do II Encontro do Viño Galego Revera Vinum, coa participación do concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte; da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; e do presidente da Asociación Hostelería Compostela, Thor Rodríguez

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar a iniciativa Compostela Literaria. Tamén asistirá Óscar Senra, da Cooperativa Maos.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Compostela Aberta Branca Novoneyra sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Obras, Gonzalo Muiños, para presentar o contrato do servizo de conservación, mantemento, reparación e pequena reforma de espazos públicos do entorno urbano.

12.00 h
Na terraza do Pazo de Raxoi, recepción a un grupo de rapaces e rapazas de Nantes que se atopan en Santiago de Compostela de intercambio co Colexio La Salle e que veñen de percorrer un tramo do Camiño de Santiago.

Compartir: