Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 12 de xaneiro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar o balance de asistencia aos espectáculos de Compostela Cultura, acompañada por Xaquín López, director-xerente do Auditorio de Galicia.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, e a Xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, presentarán os resultados de Santiago nos Premios do Sistema Integral da Calidade Turística Española en Destinos (SICTED).

12:30 h
Na sede do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (Antigo Hospital de San Roque), a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asiste á inauguración da exposición ‘Os nosos castelos Castro de Ouro e o mariscal Pardo de Cela’.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, ‘A voz humana’ de Francis Poulenc coa colaboración da Asociación de Amigos da Ópera de Santiago. Coa soprano Nicola Beller Carbone, o pianista Juan Pérez Floristán e o actor Luis Tausía, baixo a dirección de Rafael R. Villalobos.

Compartir: