Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 23 de outubro

11.00 h
No Museo Centro Gaiás, a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, asiste á ROLDA DE PRENSA de presentación do XII Certame Galego de Bandas.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Centros Cívicos, Concha Fernández, para presentar a IV edición do programa "12 doces do outono".

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar o Primeiro Maratón Internacional de Creación de Curtametraxes Kino Galicia. Estará acompañada do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o director do CGAC, Santiago Olmo; a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil; e o coordinador e a directora de Comunicación de Kino Galicia, Miguel Moreda e Rosa Vázquez.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, sobre asuntos da súa área.

20.00 e 22.00 h
No Teatro Principal, proxeccións da Semana de Cine Euroárabe AMAL.

Compartir: