Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 11 de outubro

10.00 h
No Cersia, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, inaugura o III Foro de Economía Social. Ás 12.30 h, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, modera a mesa "Vivir Compostela, cando non todo o colaborativo é social".

11.00 h
En Lugo, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa nos acto do día do Camiño Primitivo no marco das Festas do San Froilán.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; o director de AGADIC, Jacobo Sutil; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; e Jorge Rey, director do festival, para presentar o XXIIII Festival Internacional Galicreques 2018.

11.30 h
Na Casa do Concello ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, para presentar a unidade didáctica sobre Federico García Lorca. Na rolda estará o editor Henrique Alvarellos

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da primeira tenente de alcalde, María Rozas, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.

17.00 h a 20.00 h
Na Praza de Cervantes, ESPAZO DE ENCONTRO dos Orzamentos Participativos Compostela Decide con área de lecer infantil. O equipo técnico ofrece información sobre o proceso e apoio á votación das propostas cidadás.

20.30 h
No Teatro Principal, Sarabela Teatro presenta ‘A Celebración. A Gran Noite’, dentro do programa de Teatro&Danza. Dirixida por Dani Salgado, con texto de Fernando Dacosta, escenografía de José Alfaro Coti e iluminación de Baltasar Patiño, conta no elenco con Fina Calleja, Nate Borrajo, Sabela Gago, Elena Seijo e Fernando Dacosta.

Compartir: