Previsións informativas para o xoves 24 de novembro
10:00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Borja Verea, sobre asuntos de carácter local.
10:15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, acompañadas de Moncho Fernández, adestrador, e Rafa Silva, membro do Consello de Administración do Monbús Obradoiro, previa ao partido Monbús Obradoiro-Coviran Granada deste sábado 25 de novembro, durante o que se realizarán accións relativas ao 25N.
11:00 h
Na praza do Obradoiro, lectura da declaración institucional con motivo do 25N, Día internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres.
20.30 h
No Auditorio de Galicia, representación de Síbaris, da compañía Condetrespés. Dirixida por Lois Araúxo Blanco, a peza conta no elenco con José Carlos Blanco Vila, María Belén Martínez Constenla, Oswaldo Digón Alba e Pablo Novoa Cid.
21.00 horas
No Teatro Principal, Maratón da 37ª edición de Cineuropa. Entradas na web de Compostela Cultura.
CINEUROPA 37
Toda a información en cineuropa.gal