Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)
Previsións informativas para o luns 11 de xullo
NOTA: enviarase nota dos asuntos da Xunta de Goberno local.
11.15 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asina convenios de colaboración seguintes entidades sociais: ACEM, ASPAS, Fundación Secretariado Xitano e Asociación Fonte da Virxe.
12.00 h
Na sede do Consello da Cultura Galega, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á toma de posesión da presidenta do Consello da Cultura Galega.
19.00 h
Na sede do Consello Económico e Social (rúa da Algalia de Abaixo, 24), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, preside unha nova xuntanza do Consello Económico e Social.