Previsións informativas para o luns 27 de xuño
NOTA: enviarase nota de prensa cos acordos da Xunta de Goberno local.
11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asina os convenios de colaboración coas seguintes entidades sociais: Fundación Monte do Gozo (Proxecto Home), Cáritas, Cociña Económica e Albergue Xoán XXIII.
11.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe o novo director do Aeroporto de Santiago – Rosalía de Castro, Marcos Díaz.
12.30 h
No Salón de actos do IES Antonio Fraguas, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao III Reencontro local de estudantes e familias xitanas, organizado pola Fundación Secretariado Xitano.
20.30 h
No Espazo Apego (rúa da República do Salvador, 12), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, preside o acto de presentación da campaña de divulgación "Videoconsellos. O comercio local sabe de que fala", realizada polos departamentos de Comercio e Lingua do Concello.