Previsións informativas para o venres 7 de xuño
9.30 h
Na sede da Deputación da Coruña, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, mantén un encontro co presidente da Deputación, Valentín González Formoso.
18.00 h
Na praza da Quintana, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa na apertura do Festival da Lectura SELIC 24.
19.30 h
Na Nave de Vidán, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste ao acto de homenaxe a Fernando Lacaci, expresidente da Confederación de ANPAS Galegas.
20.30 h
Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, concerto ‘Cámara II’ das Xornadas de Música Contemporánea coa participación da Joven Orquesta Nacional de España (JONDE), o Trío Arbós e o clarinetista Joan Enric Lluna baixo a coordinación de Juan Carlos Garvayo. Pezas de César Camarero, Mario Davidovsky, Gabriela Ortiz, Inés Badalo (estrea absoluta) e Thomas Adès. Antes do concerto, ás 19.30 horas, sesión de comentarios ao programa con Rosa Fernández, musicóloga. Acceso libre até completar capacidade.