Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)
Previsións informativas para o luns 29 de abril
Nota: enviarase información sobre a Xunta de Goberno local
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, para presentar unha nova edición do Festival Plataforma. Na rolda tamén estarán Mónica Maneiro Jurjo e Iñaki Martínez Antelo, directores do festival.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro, para presentar os Clubs de Verán.
17.00 h
No Colexio Peleteiro, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste ao acto de presentación do libro ‘Cincuentenario dos Premios Minerva’.