Previsións informativas para o venres 2 de xullo
10.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa Xunta de Confrarías.
11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe o novo cónsul de Uruguay, Ramiro Rodríguez Bausero.
11.45 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese co secretario de Estado para a Unión Europea, Juan González-Barba.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
19.00 h
En Figueiras, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visita as participantes no programa "Reencontros nas parroquias", posto en marcha polas concellerías de Igualdade e de Medio Rural, enmarcado na segunda edición de Artellando Feminismo.