Previsións informativas para o luns 18 de marzo
Nota: enviarase información sobre a Xunta de Goberno local
10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular José Antonio Constenla sobre asuntos de carácter local.
11.00 h
No Parlamento, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste á sesión constitutiva do Parlamento de Galicia.
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro, para presentar o concurso para elixir a mascota do barrio de Santa Marta. Na rolda tamén participarán Maruxa Guitián, da AAVV Vedesma; Javier Debén dos Anjos, alumno do Prácticum de Educación Social II, e Sandra Quintana, animadora sociocultural do CSC de Santa Marta.
11.45 h
En San Lázaro, a concelleira de Capital Cultural e Turismo, Míriam Louzao, asiste á tradicional poxa das Uñas de San Lázaro.
20.00 h
Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, preside a VI Gala do Deporte.