Previsións informativas para o martes 11 de febreiro
10.00 e 12.00 h
No Teatro Principal, N+1 Teatro, Circo, Danza presentan "Involución", dentro do Programa Didáctico de Compostela Cultura.
11.00 h
No Hotel Peregrino, a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación do II Maxistral Cidade de Compostela de Xadrez.
11.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese con representantes da Plataforma polo Emprego.
12.00 h
Na Sede da FEMP (Rúa Nuncio, 5, Madrid), a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asiste á reunión da Comisión de Educación, Cultura e Deporte do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.
12.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese con representantes de Adega.
17.00 h
No IES Xelmírez II, a concelleira de Educación, Noa Díaz, asiste aos actos do Día internacional da Muller e a Nena na Ciencia.
18.00 h
No CSC de Figueiras, a concelleira de Políticas de Igualdade, Noa Díaz, asiste á primeira sesión do programada Desveladas.
19.30 h
Na Fundación Gonzalo Torrente Ballester (rúa do Vilar, 7), presentación do libro "Iglesia, mentalidad y vida cotidiana en la Compostela medieval". Asisten: Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade; Xosé M. Sánchez, autor da publicación; Antonio López, reitor da Universidade de Santiago; Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago; Juan Blanco Valdés, director de Publicacións da USC; e Juan Conde, responsable de Publicacións do Consorcio.