Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)
Previsións informativas para o sábado 28 de decembro
12.00 h
No Auditorio de Galicia, a concelleira de Políticas Lingüísticas, Noa Díaz, visita a Festa do Apego.
13.00 h
No Museo do Pobo Galego, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asiste ao acto con motivo do peche do ano dedicado a Antón Fraguas, no que actuará o dúo Oradaladou.
21.00 h
No Restaurante Barrigola (avenida de Ferrol), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, asisten á entrega de premios do IX Circuíto Jr. de Squash Borja Golán 2019.