Previsións informativas para o luns 2 de decembro
10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro de Compostela Aberta, Martiño Noriega, sobre asuntos de carácter local.
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, para presentar o Mercado da Estrela. Na rolda tamén estarán Elena Fabeiro, xerente da Fundación Pública Artesanía de Galicia, e Mónica Mejías, da empresa organizadora Correveydile.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.
12.00 h
No CERSIA, o concelleiro Sindo Guinarte clausura o taller informativo da Consulta Preliminar ao Mercado de SMARTiAGO. Esta sesión está dirixida a todas aquelas entidades, empresas e axentes de innovación con interese en participar na consulta.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA de presentación do certame aRi
19.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación Compostela Monumental.