Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)
Previsións informativas para o sábado 29 de abril
9.30 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
Punto único.- Designación de membros para as mesas electorais das eleccións municipais de maio de 2023. (NOTA: non hai streaming).
12.30 h
Na Alameda, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á inauguración da Feira do Libro.
22.00 h
Na rúa de San Francisco, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, dá o pistoletazo de saída á carreira nocturna SantYaGo 10k.