Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)
Previsións informativas para o venres 3 de febreiro
10.00 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, preside, telematicamente, a Comisión de Patrimonio do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.
11.00 h
No Auditorio de Galicia, ‘Xogo de espellos. Unha ollada a través da música electrónica’, concerto didáctico da Real Filharmonía de Galicia.
11.00 h
No Castiñeiriño, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, preside o acto de inauguración da rúa Doutor José Carro Otero.
https://goo.gl/maps/qmAtBdgfiLwhpMPQ6
11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
20.30 h
No Teatro Principal, Malasombra presenta ‘Vox Populi’ dentro da programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura.