Previsións informativas para o domingo 27 de marzo
12.00 h
Na praza da Quintana, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao concerto de "Coros pola Paz" en solidaridade con Ucraína, baixo a coordinación de Rebeca Quiroga Mata e a dirección musical de Maximino Zumalave.
12.00 h
No Teatro Principal, ‘Batuta en Ruta III: Música e Arte’, concerto da Banda Municipal de Música de Santiago, dirixida por Juanjo Ocón. Dentro do Ciclo II: Rutas e Sinfonías, da temporada Camiños Sonoros.
14.30 h
No pavillón municipal de Santa Isabel Teatro Principal, o concelleiro de Mobilidade, Gonzalo Muíños, acude á entrega de trofeos do campionato U-23 de loitas olímpicas.
20.30 h
No Auditorio de Galicia, Voadora presenta ‘Othello’ de William Shakespeare, dirixida por Marta Pazos e en versión de Fernando Epelde. Dentro da programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura.