Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)
Previsións informativas para o martes 25 de xaneiro
11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese co director e coa vicedirectora da Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, Juan M. Adrio Fondevila e Elisa M. González Penas.
11.45 h
Na praza do Obradoiro, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado polo concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, presenta o novo vehículo do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento.
13.00 h
No Museo do Pobo Galego, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de inauguración da primeira fase das salas de Historia de Galicia, "Época Antiga e Sueva", do Museo.