Previsións informativas para o martes 19 de xaneiro
10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira de Compostela Aberta, Marta Lois, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Barrios e Obras, Javier Fernández, sobre as actuacións de mantemento e reparacións realizadas en vías municipais durante o ano 2020.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
12.00 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, realizarán unha visita ás obras da pasarela da estación intermodal de Santiago de Compostela e ao edificio da nova estación de autobuses. SÓ GRÁFICOS.
Punto de encontro: no acceso ao ámbito da obra pola praza Clara Campoamor.
18.15 h
Na Cidade da Cultura, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á preestrea da serie "3 Caminos".