Previsións informativas para o martes 16 de maio
10.00, 11.00 e 12.00 h
Día das Letras Galegas
No Teatro Principal, Ubú Teatro representa a obra "A Galiña Azul", de Carlos Casares, en tres sesións para escolares.
10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira Concha Fernández para presentar o programa de centros socioculturais Vive o Verán 2017.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, para presentar o programa de recollida de vidro para a hostalería de Santiago "Porta a porta". Na rolda tamén estará Germán Fernández, responsable de Ecovidrio en Santiago.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, sobre asuntos da súa área.
17.00 h
No colexio Peleteiro, concerto solidario da Fundación Sophia.
19.30 h
Día das Letras Galegas
Na praza Carlos Casares Mouriño (San Lázaro), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside o acto institucional con motivo do Día das Letras Galegas.
19.30 h
Día das Letras Galegas
Con saída da Praza de Mazarelos, Ruta "Carlos Casares e Compostela", dentro das actividades con motivo do Día das Letras Galegas. A duración é de 1 hora e media aprox., e hai que inscribirse previamente en info@auditoriodegalicia.org.
22.00 h
Día das Letras Galegas
No Teatro Principal, concerto de Os d’Abaixo, que presentan o seu novo disco "Quixera ser dos paxaros".