Previsións informativas para o mércores 13 de xullo
12.15 h
Na praza das Praterías, ROLDA DE PRENSA de presentación dos artistas galegos que foron seleccionados para WOMEX 16, que se celebrará do 19 ao 23 de outubro.
Intervencións:
- Alcalde de Santiago, Martiño Noriega
- Radio Cos e dous artistas máis
- Vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín
- Conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez
Ao remate, os artistas interpretarán cadanseu tema.
17.00 h
Na Zona "C", 'Filosofar e debuxar para meniños (e non tanto)’, actividade de mediación da intervención ‘As rúas contan que’.
20.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside o acto de presentación da axenda de cultura, ocio e turismo de Santiago de Compostela, COMPOSTELÁNEA.
21.00 h
Na terraza do hotel Costa Vella, concerto de Alberto Montero dentro do 'TerraZeando. Ciclo de Concertos ao fresco’.
VERÁN EN VERDE
VER
19.00 h No Xardín do Pazo de Amarante (entrada pola Praza Salvador Parga), a compañía Daboapipa presenta ‘Contos e lerias’, enmarcada dentro de Cultura no Camiño da AGADIC.
PERCORRER
10.00 a 13.00 h Con saída desde o CSC do Ensanche, Circuíto Saudable: Movemento e Saúde, pasando pola Alameda e a Ruta Sarela Sur. Necesaria inscrición previa.
17.00 a 18.30 h Con saída desde o CIAC, Centro de Interpretación Ambiental de Compostela, ruta circular por Belvís: Hortas e biodiversidade. Necesaria inscrición previa.