Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)
Previsións informativas para o venres 7 de agosto
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do secretario da Xunta de Goberno local, Xan Duro, para dar conta dos asuntos tratados na última sesión.
12.00 h
Na praza do Obradoiro, a alcaldesa en funcións, María Rozas, e a concelleira Noa Morales asisten á presentación de "A FÍA DA LÁ 2015", evento organizado pola entidade Cabanas Rural Asociación de Mulleres.
20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Maximino Zumalave, e con Ashan Pillai, viola, dentro do LVIII Curso Universitario Internacional Música en Compostela.