Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)
Previsións informativas para o domingo 12 de novembro
12:00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Banda Municipal de Música de Santiago ‘Dende a voz dos nenos’, coa participación da Federación Galega de Bandas de Música Populares, a Escolanía da Catedral de Santiago e o Coro Cardenal Quiroga. David Fiuza dirixe a BMSC e José Luis Vázquez os coros neste recital que conta coas voces da soprano María Pernas e o barítono Gabriel Alonso.
12:30 h
No pavillón multiúsos de Fontes de Sar, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste ao partido do Monbus Obradoiro contra o Baskonia
CINEUROPA 37
Toda a información en cineuropa.gal
TALENTIA SUMMIT’23
Toda a información en talentiasummit.com