Previsións informativas para o mércores 27 de abril
8.40 h
No Campo de Santa Isabel, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, visita os nenos e nenas do CEIP Raíña Fabiola que participan no programa Colecamiños.
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.
11.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, reciben unha delegación do Ministerio de Auga e Medio Ambiente da República Árabe Saharauí. Declaracións ao remate (12.15 h, aprox.)
11.30 h
Na Cidade da Cultura, a concelleira de Deporte, Noa Morales, participa na presentación da Cidade do Futsal.
20.00 h
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa asociación de veciños A Xuntanza (no local social, corredoira das Fraguas).