Previsións informativas para o martes 12 de xaneiro
9.45, 11.45 e 12.45 h
No Teatro Principal, proposta didáctica de teatro en inglés ‘Keep Calm’.
10.00 h
Na Casa do Concello, Xunta local de Seguridade presidida polo alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán. Declaracións ao remate (11.30 h aprox.).
10.30 h
Na Coruña, a concelleira de Mocidade, Deporte e Benestar Animal, Noa Morales, reúnese co concelleiro de Cultura, Deporte e Coñecemento do concello herculino, José Manuel Sande.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, para presentar a Estratexia de Desenvolvemento Urbano e Sostible Integrada, EDUSI.
17.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Ratificación da urxencia da convocatoria.
2. Aprobación da Estratexia de Desenvolvemento Urbano e Sostible Integrada (EDUSI).
20.00 h
No Salón Artesoado do Colexio de Fonseca, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á inauguración da exposición "Compostela, un ano de Voz" 2015.