Previsións informativas para o mércores 6 de maio
11.30 h
Na Cámara de Comercio (Sala de Xuntas), o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste á presentación do libro "125 Aniversario da Cámara de Comercio".
12.30 h
No Aeroclub, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, visita a mesa petitoria da Asociación Española Contra o Cancro.
17.00 h
No Salón Verde, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, preside a reunión que o equipo que revisa o Plan especial do Casco Histórico mantén coas asociacións da cidade implicadas.
18.30 h
A Sala Mozart do Auditorio de Galicia acolle o Festival de Música e Movemento organizado pola Escola Municipal de Música.
19.00 h
No Salón Vermello, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, fai entrega dos premios Vitrales do Colexio Maior A Estila.
20.30 h
No Teatro Principal, ’30 e tantos ósos’ de Aporía Escénica, enmarcado dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués.
21.00 h
No Salón Vermello, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibe os participantes no XXXVI Congreso da Asociación Española de Enfermería e Cardioloxía.