Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)
Previsións informativas para o sábado 23 de maio
12.00 h
No Csc das Fontiñas, maxia e poesía. Abrapalabra. Infantil 4 a 12 anos, dentro do programa "Ler, contar e gozar coas letras".
19.30 h
Na Sala Capitol, concerto de Arch Enemy que presenta o seu disco ‘War Eternal’, e de Unearth e Drone, dentro do ciclo Compostela Rock.
20.30 h
No Teatro Principal, Cámara Negra Teatro presenta a estrea absoluta de ‘No hay trabajo para un payaso viejo’ de Matei Visniec, dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués. Versión e dirección de Carlos Álvarez-Ossorio.
21.00 h
No Auditorio Abanca, concerto de Gil do Carmo que presenta o seu disco ‘A Uma Voz’, dentro do ciclo Sons’15.