Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 27 de setembro

10.00 h
No Centro Sociocultural Maruxa e Coralia (praza Salvador Parga, 4), a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas; e a delegada do Reitor para a Igualdade da USC, Sonia Esperanza Rodríguez, inauguran a VI Feira de Outono das Emprendedoras de Compostela. Ás 18.00 h, clausura a cargo da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín Rei, e do reitor da USC, Antonio López.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, para presentar as bases das subvencións de cooperación ao desenvolvemento no Concello de Santiago de Compostela no ano 2024.

18.00 h
En Santa Isabel, a concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, asiste ao X Torneo Fútbol 8 Rácing de San Lourenzo.

19.00 h
Na praza de Fuenterrabía, saía do itinerario ‘Ruth e o Leviatán’, un percorrido visual por Compostela tras os pasos da fotógrafa Ruth Matilda Anderson. Prazas esgotadas.

19.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia e a Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela ao abeiro do proxecto Sensoxenoma, unha investigación do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela liderada por Antonio Salas e Federico Martinón que aborda cientificamente a resposta do xenoma (ADN) fronte ao estímulo musical. Baldur Brönnimann dirixe ambasas formacións musicais nun programa sorpresa arredor do cinema.
NOTA AOS MEDIOS: Ás 19.15 h foto oficial coa presenza da alcaldesa e presidenta do Consorcio de Santiago, Goretti Sanmartín; a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao; o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño; o conselleiro de Educación, Román Rodríguez; os investigadores principais do proxecto, Antonio Salas e Federico Martinón; o director artístico da Real Filharmonía, Baldur Brönnimann; e a directora técnica da orquestra Sabela García Fonte.

Compartir: