Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 9 de xuño

12.30 h
Na Alameda, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa na VII Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple organizada pola Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (ACEM).

17.00 h
No Xardín das Pedras que falan (xardín de Fonseca), a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, preside o acto de descubrimento das pedras dedicadas a Nolwenn Korbell, autora bretoa, e Adanía Shibli, autora palestina, que participarán na SELIC. Acto aberto á cidadanía.

20.30 h
Na Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia, concerto ‘Ensemble II’ das Xornadas de Música Contemporánea coa participación da Joven Orquesta Nacional de España (JONDE) e Ensemble Modern baixo a dirección de Pablo Rus Broseta. Composicións de Pierre Boulez, María de Alvear (estrea absoluta), Hugo Gómez-Chao (estrea absoluta) e Jörg Widmann. Antes do concerto, ás 19.30 horas, sesión de comentarios ao programa con Rosa Fernández, musicóloga. Acceso libre até completar capacidade.

Compartir: